AS OBRAS

Obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña)

No mes de setembro deron comezo as obras de acondicionamento do Cabido do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro  para albergar a Sala de Interpretación do conxunto.

O proxecto básico e de execución foi realizado polo noso equipo para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia…

Partindo dun orzamento axustado, con esta intervención quíxose recuperar a configuración orixinal de acceso ao templo, cun cabido previo á nave, ao tempo que se dispón dunha exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas que formaban parte da construción gótica.