AS OBRAS

Obras de acondicionamento do Cabido para Sala de Interpretación do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña)

No mes de setembro deron comezo as obras de acondicionamento do Cabido do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro  para albergar a Sala de Interpretación do conxunto.

O proxecto básico e de execución foi realizado polo noso equipo para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia…

Partindo dun orzamento axustado, con esta intervención quíxose recuperar a configuración orixinal de acceso ao templo, cun cabido previo á nave, ao tempo que se dispón dunha exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas que formaban parte da construción gótica.

 

A actuación permitirá comprender a Igrexa dende a súa orixe gótica, a reforma barroca, ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX. Recupérase por tanto o acceso pola porta orixinal da igrexa, faise accesible a entrada e móstranse pezas  escultóricas nunha estrutura expositiva situada no claustro este.

A intervención complétase cunha iluminación que recrea a bóveda de crucería orixinal, paneis explicativos e diversos labores de conservación en murais e retablo.

Mario Crecente y Asociados Consultores S.L.P.U. Juan Mario Crecente Maseda. Arquitecto Director. Número de colexiado: 1124. C.O.A.G

PROMOTOR

Promotor: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

Arquitectos:  Sociedade Mario Crecente y Asociados Consultores S.L.P.U.

Juan Mario Crecente Maseda. Arquitecto Director. Número de colexiado: 1124. C.O.A.G Nardos 2. 15008, A Coruña. Tlf.: 981 141 282

Arquitectos colaboradores: José Luis Martinez Raído e Rubén Santiago Tojo.

Dirección de execución: Ana María Gallego Núñez 

Construtora: Obras Gallaecia, S.L

Situación: Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. Parroquia de Cervás. Concello de Ares. Provincia de A Coruña. Galicia. España