ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATALINA DE MONTEFARO
Xa está a disposición o material do estudo histórico e a recreación visual da portada gótica do Mosteiro de Santa Catalina.
Este traballo de investigación multidisciplinar impulsado polo Concello, realizado polas historiadoras María Luz Ríos e Dolores Fraga, os arquitectos Mario Crecente e Rubén Santiago, e o ilustrador Ricardo Pérez, permítenos facer un percorrido por contidos visuais e textuais que nos proporciona unha imaxe dos elementos decorativos da fachada do cenobio.
Se queres entender a evolución estética do inmoble e afondar no seu importante valor patrimonial podes acceder ao seu contido premendo aquí