EN LA FALDA DE LA BAILADORA
En la falda de la bailadora, de Carlos Rodríguez Cartelle, finado veciño de Ares, é unha obra que describe de maneira pormenorizada lugares emblemáticos da zona noroeste da localidade aresán, dende o propio Mosteiro de Santa Catalina ata as baterías defensivas da costa de Montefaro. Con todo, tamén supón un documento chave na identificación de actividades lúdicas e festivas da súa época e na representación do acervo cultural da parroquia de Cervás.
Publicada polo Concello de Ares baixo a liña de traballo municipal para a divulgación da memoria da vila, ao abeiro da colaboración permanente coa Deputación da Coruña, o texto garda dentro de si varias mencións á receita gastronómica da Roda de Santa Catalina, un doce que incorporaba o millo corvo na súa elaboración e que facían os frailes do Mosteiro, conectando de maneira singular a localidade de Bueu (do que semellaba proceder o millo corvo) con Ares. Na actualidade, a Roda de Santa Catalina e as plantacións desta tipoloxía de millo desexan ser recuperadas dende o Concello coma parte da identidade aresán.
Coma axente activo na lembranza e difusión da historia local, o Concello pon a disposición da veciñanza, estudosos/as e persoas interesadas no pasado de Ares a versión dixitalizada do manuscrito.