O PLAN DIRECTOR: FASES E OBRAS

Plan director

Plan director

Para a posta en valor desta edificación e o seu entorno temos elaborado un Plan Director encargado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en xullo de 2008

Tras efectuar unhas obras de urxencia en 2008 -canalóns, baixantes, saneamento, aseos-realizadas por unha escola obradoiro municipal, redactamos un Anteproxecto en agosto 2009 que definía as actuacións necesarias e a súa prioridade. Un informe previo,  seguido da elaboración en 2011 deste Proxecto de execución en fase de básico son os antecedentes que definiron, en función do orzamento dispoñible, a proposta de execución xa rematada, circunscrita á

Rehabilitación de portas de entrada que foron tapiadas:

  1. a) a principal da igrexa ao oeste
  2. b) unha lateral á que se accede desde o vestíbulo

Á  actual de acceso á igrexa renovarase a carpintería

– Recuperación dun cuberto disposto entre a fachada do convento e a torre, e máis dunha fiestra do coro

– Accesibilidade ao templo, superando diversas escaleiras

– Recuperación e consolidación dos materiais escultóricos das portadas góticas, que se presentan nunha estrutura expositiva deseñada para a súa protección e fácil lectura dos contidos

Compleméntanse estas intervencións con

– uns paneis que sintetizan a historia do edificio á par que tamizan a luz das fiestras abertas pola reforma dos militares

– un elemento de separación para a protección das pinturas murais

– unha iluminación que permite contemplar  a bóveda de cruzaría orixinal,

–  un tratamento preventivo do retablo contra termitas

 

PLANIMETRÍA HISTÓRICA, ACTUAL E DE PROPOSTA INTERVENCIÓN

O ESPAZO PREVIO Á REFORMA

 

Exterior

Interior

 

RECUPERACIÓN E CONSOLIDACIÓN PEZAS

 

Acompaña esta intervención espacial a recuperación e consolidación das pezas escultóricas das portadas góticas, e doutras renacentistas e barrocas que se presentan nunha estrutura expositiva concibida para amosar e interpretar os  estilos artísticos que se sucederon ao longo de cinco séculos no mosteiro.