O PLAN DIRECTOR: FASES E OBRAS
Para a posta en valor desta edificación e o seu entorno temos elaborado un Plan Director encargado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en xullo de 2008
Tras efectuar unhas obras de urxencia en 2008 -canalóns, baixantes, saneamento, aseos-realizadas por unha escola obradoiro municipal, redactamos un Anteproxecto en agosto 2009 que definía as actuacións necesarias e a súa prioridade. Un informe previo, seguido da elaboración en 2011 deste Proxecto de execución en fase de básico son os antecedentes que definiron, en función do orzamento dispoñible, a proposta de execución xa rematada, circunscrita á
Rehabilitación de portas de entrada que foron tapiadas:
- a) a principal da igrexa ao oeste
- b) unha lateral á que se accede desde o vestíbulo
Á actual de acceso á igrexa renovarase a carpintería
– Recuperación dun cuberto disposto entre a fachada do convento e a torre, e máis dunha fiestra do coro
– Accesibilidade ao templo, superando diversas escaleiras
– Recuperación e consolidación dos materiais escultóricos das portadas góticas, que se presentan nunha estrutura expositiva deseñada para a súa protección e fácil lectura dos contidos
Compleméntanse estas intervencións con
– uns paneis que sintetizan a historia do edificio á par que tamizan a luz das fiestras abertas pola reforma dos militares
– un elemento de separación para a protección das pinturas murais
– unha iluminación que permite contemplar a bóveda de cruzaría orixinal,
– un tratamento preventivo do retablo contra termitas
PLANIMETRÍA HISTÓRICA, ACTUAL E DE PROPOSTA INTERVENCIÓN
O ESPAZO PREVIO Á REFORMA
Exterior
Interior
RECUPERACIÓN E CONSOLIDACIÓN PEZAS
Acompaña esta intervención espacial a recuperación e consolidación das pezas escultóricas das portadas góticas, e doutras renacentistas e barrocas que se presentan nunha estrutura expositiva concibida para amosar e interpretar os estilos artísticos que se sucederon ao longo de cinco séculos no mosteiro.