A actuación permitirá comprender a Igrexa dende a súa orixe gótica, a reforma barroca, ata a reforma militar de finais do século XIX – principios do século XX. Recupérase por tanto o acceso pola porta orixinal da igrexa, faise accesible a entrada e móstranse pezas escultóricas nunha estrutura expositiva situada no claustro este.
A intervención complétase cunha iluminación que recrea a bóveda de crucería orixinal, paneis explicativos e diversos labores de conservación en murais e retablo.
Mario Crecente y Asociados Consultores S.L.P.U. Juan Mario Crecente Maseda. Arquitecto Director. Número de colexiado: 1124. C.O.A.G