PROCESOS DE EXECUCIÓN de OBRAS: 2018

O inicio das obras comeza coa reparación e limpeza de cuberta e canlóns para evitar as entradas de auga na zona do Cabido. Seguidamente procédese a apertura dos ocos que estaban tapiados, onde se realizan plantillas para comezar a fabricación da carpintería de castaño.

Compróbanse as cotas e pendentes para realizar a evacuación de augas na zona da rampa, coa supervisión do control arqueolóxico.

Simultaneamente, Victoria Folgueira realiza a restauración das pezas escultóricas para a súa exposición. Tamén se fai unha valoración do estado de conservación do retablo e aplícase un tratamento preventivo antitermites sobre o mesmo.

Realízase o replantexo dos diferentes traballos de artesanía metálica en aceiro inoxidable, ata obter o resultado requirido pola Dirección Facultativa.

Finalmente, realízase a colocación das carpinterías e tarima interior da sala de interpretación. Nos últimos días de obra, lévanse a cabo os remates finais de aceiro inoxidable, vidros e paneis expositivos, para concluír coa limpeza final e de acabado da sala.

 

Obras de urxencia tras ser aprobado o Plan Director

Proceso de execución de obras